Benvidos á sección de Galaxia na Rede con recursos pensados para todas e todos os implicados no mundo da educación.
Aquí poderás baixar en formato PDF fichas para traballar na aula algúns dos libros do catálogo da nosa editorial. Atoparás actividades relacionadas cos mesmos, información sobre autores, ilustradores, ...
05 de xaneiro de 2011
[ Xeral ]

Oinforme PISA revela que os alumnos que máis usan a Red desenvolven máis comprensión lectora. Un argumento importante para defender o uso da Internet na aula.
03 de xaneiro de 2011
[ Xeral ]

Na sección de EXPERIENCIAS, hoxe centrámonos neste fermoso libro de Mariné Lorenzo Corcoba.
28 de decembro de 2010
[ Xeral ]

A época de Nadal debería servir, na escola, ademais de para descansar, para provocar profundas reflexións arredor do consumismo, a solidariedade e a súa significación histórica, relixiosa ou cultural.
27 de decembro de 2010
[ Xeral ]

Rematado o Foro Compostela con grande éxito, o Seminario Galego de Educación para a Paz deixa na Rede tres spots que poden dar para reflexionar e debater na aula.
16 de decembro de 2010
[ Actividades ]

Hoxe, na sección de Experiencias, contamos como traballaron dende Espazo Lectura co libro de Manuel Janeiro, A abella abesullona. A de cousas que pode suxerir na rapazada unha abella que pregunte como é debido!
09 de decembro de 2010
[ Xeral ]

Un tema esencial para traballar na aula
02 de decembro de 2010
[ Xeral ]

Hoxe inaugúrase, dentro das actividades do Foro Compostela, a mostra \'De Saladino a Sherezade. Oriente no cómic\', unha exposición pensada para rachar dunha vez con certos prexuízos transmitidos xeración a xeració
01 de decembro de 2010
[ Xeral ]
Unha boa maneira de fomentar a lectura é procurando espazos de encontro entre os autores/as e o público lector. O pasado venres, o escritor Francisco Castro tivo un encontro cos alumnos do Instituto Acua Celensis de Caldas.
25 de novembro de 2010
[ Xeral ]

Hoxe celébrase en todo o mundo o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller. Dende o conxunto da sociedade pero dende logo, dende a escola, temos moito camiño que andar.
24 de novembro de 2010
[ Xeral ]

Durante todo o mes de Nadal, Compostela estará tomada pola Paz grazas ao Foro Compostela 2010. Expertos mundiais, artistas, músicos... para unha cita arredor do pacifismo e unha nova idea do mundo.
