Editorial Galaxia
SUBSCRÍBETE | CONTACTO | MAPA WEB
BUSCAR: 
A Editorial
Autores
Catálogo
Novidades
Ensinantes
Ligazóns
Axenda




Audiocontos



Galicia. Celula de universalidade

Peza clave da historia de Galiza     Consello de Administración     Equipo editorial     Galaxia en cifras    
A Galaxia do novo milenio

2000


A revista Grial é un dos novos produtos
editoriais, expresión da renovación
dunha fecunda tradición
 
Cando no ano 2000 Galaxia celebrou o seu cincuentenario levaba xa publicados máis de 1.700 títulos. Con vocación xeneralista, empeñada na modernización da lingua e da cultura galegas, segue a desenvolver a súa actividade co espírito e a ambición do primeiro día.

«Editorial independente, de capital exclusivamente galego, que inviste os seus beneficios na propia empresa, comprometida cos valores do galeguismo, o pluralismo e a tolerancia», anunciaban os seus responsables daquela. «Unha editorial que fai da lingua e da cultura galegas a súa razón de ser».

Por tradición e por acordo dos seus accionistas, a editora non reparte beneficios. Invísteos arreo en novos proxectos e en novas creacións a prol da cultura. O seu catálogo de clásicos é o máis rico da literatura galega (Rosalía de Castro, Eduardo Pondal, Curros Enríquez, Castelao, Otero Pedrayo, Eduardo Blanco Amor, Vicente Risco, Álvaro Cunqueiro, Ánxel Fole, López Cuevillas, Rafael Dieste...), complementado coa incorporación de escritores e escritoras das xeracións máis novas. Incorpora aos seus fondos os catálogos das editoriais Pico Sacro e Castrelos.
A diversificación que pouco a pouco se foi producindo no mundo editorial galego, coa creación de editoriais como Ediciós do Castro (1963), a desaparecida Castrelos (1964), Edicións Xerais de Galicia (1979), Sotelo Blanco (1981) e outras como A Nosa Terra, Ir Indo, Laiovento, Espiral Maior, Hércules de Ediciones, Edicións Positivas, Edicións do Cumio, Kalandraka, etc., así como o nacemento en 1983 da Asociación Galega de Editores, que na actualidade agrupa arredor de 45 empresas, supuxo un grande enriquecemento e a introdución dun necesario factor de normalidade no libro galego. Este panorama, cada vez máis rico, plural e competitivo, constitúe un estímulo modernizador para Galaxia.
As orixes
Primeiras edicións e nacemento de Grial
A creación da Fundación Penzol
Ramón Piñeiro
A modernización de Galaxia
A Galaxia do novo milenio

EDITORIAL GALAXIA, 2006. Aviso legal