Editorial Galaxia
SUBSCRÍBETE | CONTACTO | MAPA WEB
BUSCAR: 
A Editorial
Autores
Catálogo
Novidades
Ensinantes
Ligazóns
Axenda




Audiocontos



Galicia. Celula de universalidade

Peza clave da historia de Galiza     Consello de Administración     Equipo editorial     Galaxia en cifras    
Fundación Penzol


Actual Padroado da Fundación Penzol
 


A Fundación Penzol constituiuse notarialmente o 7 de abril de 1963 e
inaugurou as súas intaslacións, en Vigo, o 5 de maio do mesmo ano co obxectivo de dotar a Galicia dun centro de estudos e documentación especializado en lingua e literatura galega. Os seus primeiros fondos proceden do mecenado do bibliófilo Fermín F. Penzol-Labandera que durante máis de corenta anos reuniu os máis variados folletos, libros, documentos, periódicos e revistas, cartas e material manuscrito referente á lingua e á historia de Galicia. Antes do seu falecemento fixo depositaria á Editorial Galaxia deste legado e a editora asumiu o seu mantemento. Na actualidade dispón dunhas amplas instalacións na Casa da Cultura de Vigo, froito dun convenio de colaboración co concello desa cidade. O seu director ata 2010 foi o escritor e fundador de Galaxia, Francisco Fernández del Riego. O actual director é Francisco Domínguez.

A actual composición do Padroado é como segue:
Presidente: Alfonso Zulueta de Haz
Vicepresidente Primeiro: Antón Vidal Andión
Vicepresidente Segundo: Xulio Souto Jiménez
Secretario: Andrés Dapena Paz
Director: Francisco Domínguez Martínez
Vocais: Xerardo Fernández Albor; Xulián Parga Rodríguez; Benxamín Casal Vila; Xoán Bernárdez Vilar; Xosé Luís Franco Grande (Real Academia Galega); Rosario Álvarez Blanco (Consello da Cultura Galega); Mª Dolores Cabrera Iglesias; Francisco Díaz-Fierros Viqueira; Pedro López Gómez; Manuel Meixide Vecino; Henrique Monteagudo Romero; Mª Dolores Villanueva Gesteira; Manuel Puga Pereira ; Mª del Carmen Pérez Pais; Xavier Martínez Cobas e Silvestre Gómez Xurxo.
Unha editorial líder
Fundación Penzol
Fundación Otero Pedrayo
Fundación Isla Couto
Historia da revista Grial

EDITORIAL GALAXIA, 2006. Aviso legal