Unha editorial líder
Xaime Isla Couto, presidente do Consello
de Administración de Galaxia Pasado máis de medio século dende a súa fundación, a Editorial Galaxia, con "máis 2.000 volumes editados" é un catálogo vivo de arredor dun milleiro de títulos, constitúe hoxe a referencia histórica da edición en lingua galega e no seu catálogo figuran os autores e autoras máis significativos das letras galegas.
Editorial Galaxia está constituída como Sociedade Anónima, cun accionariado moi diverso, cuxa maioría corresponde á Fundación Penzol (52 %) e á Fundación Isla Couto (28 %). Estatutariamente declárase comprometida co rexurdimento e modernización da lingua e da cultura de Galicia e non reparte beneficios entre os seus accionistas.
Na presidencia do Consello de Administración de Galaxia sucedéronse desde a súa fundación intelectuais da significación de Ramón Otero Pedrayo (1950-1976), Domingo García-Sabell (1976-1980), Marino Dónega (1980-1996) e Xaime Isla Couto (actual presidente).
O actual Consello de Administración ten a seguinte composición:
- Presidente: Xaime Isla Couto
- Vicepresidente: Benxamín Casal Vila
- Secretario: Antón Vidal Andión
- Conselleiro Delegado: Manuel Meixide Vecino
- Vogais: Xulián Parga Rodríguez, Alfonso Zulueta de Haz, Xosé Francisco Domínguez, Blanca Jiménez Alonso, Víctor Fernández Freixanes, Hakan Casares Berg, Xavier Martínez Cobas, Xulio Souto Jiménez, Susana Reboreda Morillo, Dolores Vilavedra Fernández e Lourenzo Fernández Prieto.
|
 |
 |
 |
 |
 |