Editorial Galaxia
SUBSCRÍBETE | CONTACTO | MAPA WEB
BUSCAR: 
A Editorial
Autores
Catálogo
Novidades
Ensinantes
Ligazóns
Axenda




Audiocontos



Galicia. Celula de universalidade

« Galaxia de libros « XUVENIL « Costa Oeste

O segredo de Marco Polo
Castro, Francisco



Amor, intriga e aventuras na Venecia do século XIII

Nesta nova novela, publicada na colección Costa Oeste de Galaxia, o autor viaxa á Venecia do século XIII para construír unha historia de amor entre un xove soldado, fillo do militar máis importante da cidade (un home dominante que ten anulada a capacidade de decisión do seu fillo), e unha principessa, Naia, fermosa e adorada por toda a cidade, sobriña do Dogo e obrigada por este a un matrimonio de estado cun home que non quere e nin sequera coñece. A historia de amor entre o soldado e a princesa, xa que logo é un amor imposible. Ata que entra en xogo un Marco Polo que, xa contra o final da súa vida, vai vivir, axudando aos dous amantes, a súa derradeira aventura.

Polo medio, un enigma, un segredo como suxire o título, que non se desvelará ata o final desta novela na que o autor recrea xa non só a Venecia do seu esplendor, senón que nos fai viaxar, da man do Marco Polo, ás terras da China e Mongolia que o xenial viaxeiro visitou por vez primeira na súa xuventude.




Editorial: Galaxia
Colección: Costa Oeste
208 páx.
Rústica
PVP: 9.50 €
ISBN: 978-84-9865-297-0
Data publicación: xuño 2010
1ª Edición


 

Outros libros de Costa Oeste
- Seguinte:

Outros libros de Castro, Francisco
- Anterior:



Novas relacionadas:
- [28/07/2010]
- [28/07/2010]

Eventos relacionados:
08/07/2010 20:30
Presentación de O SEGREDO DE MARCO POLO, de Francisco Castro
Xoves 8 de xullo, ás 20:30 h, na Feira do Libro de Vigo

25/07/2010 20:45
Francisco Castro no Festigal 2010
Domingo 25 de xullo, ás 20:45 h.

02/08/2010 20:00
Presentación de O SEGREDO DE MARCO POLO
Luns 2 de agosto, ás 20 h, na Feira da Coruña


EDITORIAL GALAXIA, 2006. Aviso legal