Editorial Galaxia
SUBSCRÍBETE | CONTACTO | MAPA WEB
BUSCAR: 
A Editorial
Autores
Catálogo
Novidades
Ensinantes
Ligazóns
Axenda




Audiocontos



Galicia. Celula de universalidade

« Galaxia de libros « CRÍTICA, MANUAIS E PENSAMENTO « Ensaio

Queer-emos un mundo novo
Moure, Teresa
Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2011




Sobre cápsulas, xéneros e falsas clasificacións

Este ensaio pretende recoller a potencia subversiva da teoría queer para a aplicar ás nosas categorías lingüísticas contemporáneas. Aínda que tende a identificarse como unha reivindicación da homosexualidade, queer transcende calquera intento de redución. Queer obríganos tamén a reflexionar sobre os usos lingüísticos actuais nun momento en que as academias e os poderes máis conservadores se reafirman no masculino xenérico que o feminismo sempre rexeitou. Porque non é certo que a opresión sexista estea na sociedade e non nas linguas.

En principio, queer trátase dunha teoría e dun activismo político que racha co binarismo: a realidade é complexa de máis como para dármola reducido a ser-A ou ser-non-A, a ser home ou muller, de xeito que se converte nunha reivindicación dos múltiplos espazos intermedios entre dúas categorías estereotipadas. Se resulta difícil ou imposíbel definir que é unha muller, ese nós común partillado por todas as mulleres, segundo as teorías feministas clásicas, debilítase. Nese punto entra a análise de Queer-emos un mundo novo. Ao se aplicar á literatura galega, a teoría queer tamén permite interpretar unha tradición literaria contra-poder, feita nunha nación sen estado, rica e poliédrica, que introduce en cada período histórico innovacións sorprendentes e que só poden valorarse axeitadamente como sintomáticas deses espazos de disidencia.




Editorial: Galaxia
Colección: Ensaio
132 páx.
Rústica con lapelas
PVP: 12.50 €
ISBN: 978-84-9865-435-6
Data publicación: maio 2012
1ª Edición


 

Outros libros de Ensaio
- Seguinte:

Outros libros de Moure, Teresa
- Anterior:



Novas relacionadas:
- [07/08/2012]
- [07/08/2012]
- [05/11/2012]
- [05/03/2013]

Eventos relacionados:
20/06/2012 20:00
Presentación de QUEER-EMOS UN MUNDO NOVO
Mércores 20 de xuño, ás 20 h, na libraría Pedreira. Rúa do Home Santo, 55. Santiago de Compostela

25/07/2012 17:40
Teresa Moure no Festigal
Mércores 25 de xullo, ás 17:40 h, na Galería das Letras. Campus Sur. Santiago de Compostela

02/12/2012 10:00
CULTURGAL 2012
Do 30 de novembro ao 2 de decembro, no Pazo da Cultura de Pontevedra

13/12/2012 19:30
Presentación de QUEER-EMOS UN MUNDO NOVO
Xoves 13 de decembro, ás 19:30 h, na Biblioteca do Conservatorio Profesional de Música. Santiago de Compostela

01/02/2013 20:00
Presentación do libro gañador do Premio Ramón Piñeiro 2011 en BUEU
Queer-emos un mundo novo, de Teresa Moure


EDITORIAL GALAXIA, 2006. Aviso legal