Camiñantes. Un itinerario filosófico
Agís Villaverde, Marcelino
Escrito coa clara conciencia do xardineiro que aspira a obter pequenos froitos, co mesmo valor do artesanal, este libro camiña cara ao que dende as orixes da filosofía foi o fin máis elevado para o home: a felicidade. Unha felicidade sostíbel, construída cos retallos fuxidíos dos momentos de dita.
Velaquí un libro que fala do home actual e do seu mundo. Da vida como camiño con encrucilladas. Encrucilladas que levan a filosofía actual a buscar na linguaxe unha nova forma de supervivencia. Unha modalidade de encontro no inestable conflito de interpretacións dos múltiples discursos sobre a realidade.
Camiñantes aborda os problemas derivados da globalización, a violencia e a soidade do home contemporáneo.
|
 |

| Editorial: Galaxia |
 |
Colección: Ensaio
|
 |
| 250 páx. |
 |
| Rústica con lapelas |
 |
| PVP: 20.00 € |
 |
| ISBN: 978-84-9865-194-2 |
 |
| Data publicación: xullo 2009 |
 |
| 1ª Edición |
 |
| Biblioteca Fundación Isla Couto |
|
|
 |
Outros libros de Ensaio
- Seguinte: Filosofía da saudade
Outros libros de Agís Villaverde, Marcelino
- Anterior: Crónica viva do pensamento galego
Eventos relacionados:
11/08/2009 20:00 Presentación do libro CAMIÑANTES, de Marcelino Agís Martes 11 de agosto, ás 20.00 h, na Sala Nauta. Real Club Náutico. Sanxenxo
20/10/2009 20:00 Presentación de CAMIÑANTES, de Marcelino Agís Martes 20 de outubro, ás 20.00 h, na Fundación Caixa Galicia. Rúa do Vilar, 19. Santiago de Compostela
 |
 |