As crónicas do Sochantre
Cunqueiro, Álvaro
Unha historia contada a través dun fidalgo Bretón que se desenvolve durante a Revolución francesa, época que Cunqueiro escolle para sorprendernos cos seus coñecementos históricos e co seu dominio dos distintos rexistros literarios.
Son as crónicas dos espectros as que chegan ao lector na voz do Sochantre Pontivy. Nos tempos da Revolución Francesa, o sochantre viaxa polos camiños da Bretaña acompañado por unha comitiva de mortos contadores de historias. En palabras de Carballo Calero, "asombra a coherencia xeográfica e histórica" do libro, no que se bota de ver o fondo coñecemento que Cunqueiro posuía do país da Bretaña coma dos costumes franceses da época da Revolución.
Historias de misterio e crime, que o autor escribiu cun gran talento creador, acaban por seducir a todo tipo de lectores. As crónicas do Sochantre, publicadas no ano 1956, son hoxe un clásico da literatura galega.
|
 |

| Editorial: Galaxia |
 |
Colección: Biblioteca Álvaro Cunqueiro
|
 |
| 176 páx. |
 |
| Rústica con lapelas |
 |
|
PVP:
15.30 €
|
 |
| ISBN: 978-84-8288-669-5 |
 |
| Data publicación: outubro 2008 |
 |
| 2ª Edición reedición |
 |
1ª edición, 1956
1ª edición en Biblioteca Álvaro Cunqueiro, 2004 |
|
|
 |
Outros libros de Biblioteca Álvaro Cunqueiro
- Anterior: Merlín e familia
- Seguinte: Poesía 1932-1933 (Mar ao norde/Cantiga nova que se chama Riveira/Poemas do si e non)
Outros libros de Cunqueiro, Álvaro
- Anterior: Dona do corpo delgado
- Seguinte: Os outros feirantes
 |
 |