Editorial Galaxia
SUBSCRÍBETE | CONTACTO | MAPA WEB
BUSCAR: 
A Editorial
Autores
Catálogo
Novidades
Ensinantes
Ligazóns
Axenda




Audiocontos



Galicia. Celula de universalidade

« Galaxia de libros « LITERATURA « Memoria

Cartas ao meu amigo. Epistolario mindoniense a Francisco Fernández del Riego. 1949-1961
Cunqueiro, Álvaro



A historia da amizade entre dúas das grandes figuras da cultura galega a través da súa correspondencia.

Cunqueiro e Fernández del Riego, ambos das terras altas da provincia de Lugo, coñecéronse moi novos, nos anos de bacharelato, e fixeron xuntos o camiño todo da vida. En 1949 Cunqueiro volve a Mondoñedo, logo dunha fracasada experiencia en Madrid. A Guerra Civil separará temporalmente aos dous amigos. Cunqueiro no bando dos chamados nacionais. Del Riego, en Vigo, logo de ser represariado na universidade. Un Cunqueiro deprimido, arredado de case todo, recibe as cartas do seu amigo animándoo a seguir e, sobre todo, a non afastarse das letras galegas, que con tanto éxito ensaiara na poesía antes da Guerra Civil. A profesora Dolores Vilavedra, da Universidade de Santiago, preparou esta edición, cun ensaio coidadoso que enmarca a correspondencia no seu contexto, precedido dun limiar do propio Francisco Fernández del Riego.




Editorial: Galaxia
Colección: Memoria
220 páx.
Rústica
PVP: 19.60 €
ISBN: 978-84-8288-559-9
Data publicación: abril 2003
1ª Edición


 

Outros libros de Memoria
- Anterior:
- Seguinte:

Outros libros de Cunqueiro, Álvaro
- Anterior:
- Seguinte:


EDITORIAL GALAXIA, 2006. Aviso legal