Editorial Galaxia
SUBSCRÍBETE | CONTACTO | MAPA WEB
BUSCAR: 
A Editorial
Autores
Catálogo
Novidades
Ensinantes
Ligazóns
Axenda




Audiocontos



Galicia. Celula de universalidade

« Galaxia de libros « LIBROS SINGULARES E FORA DE COLECCIÓN « Libros singulares e fóra de colección

Onde mercan os Larpeiros
Alonso, Tomás
López, Víctor



Un percorrido por Galicia a través dos seus produtos de calidade e da súa paisaxe, unha festa de sabores e recendos na que non falta o humor

Os moitos seguidores de 'Larpeiros', eses milleiros de persoas que nas cociñas das súas casas seguen paso a paso as receitas que Benigno Campos lles fornece nos seus libros, teñen agora a oportunidade de achegarse, con este Onde mercan os Larpeiros ás máis excelentes galdrumadas da nosa terra.

Tomás Alonso e Víctor López, os autores, percorreron Galicia toda na procura dos ingredientes e mais das persoas, desas boas xentes que con agarimo e alta profesionalidade fabrican pan; crían tenreiras, capóns ou porcos; sementan fabas, pementos ou cogomelos; pescan robalizas e pescadas do pincho; elaboran amendoados, bicas e tortas…, unha festa para os padais máis esixentes.

Os nosos "Reis dos Mercados" falaron con eles e interesáronse polas súas angueiras e ilusións, e facilítannos as pistas para chegar aos seus produtos, asegurándonos que a nosa calidade alimentaria medrará moitos enteiros o seu consumo.

Di Xosé Cermeño, no limiar, que "este libro encerra a información práctica que converterá a calquera aspirante a larpeiro nun experto das conversas de sobremesa onde os lambóns diplomados compiten por ver quen coñece o mellor sitio para mercar queixo ou comer empanada". Seguindo os itinerarios que se propoñen neste Onde mercan os Larpeiros a diplomatura está asegurada.




Editorial: Galaxia
Colección: Libros singulares e fóra de colección
196 páx.
Capa dura
PVP: 20.00 €
ISBN: 978-84-9865-388-5
Data publicación: novembro 2011
1ª Edición


 

Outros libros de Libros singulares e fóra de colección
- Seguinte:


Eventos relacionados:
15/11/2011 12:00
Presentación de ONDE MERCAN OS LARPEIROS
Martes 15 de novembro, ás 12:00 h, no salón principal do Real Club Náutico de Vigo

25/11/2011 20:00
Conversa entre Larpeiros
Venres 25 de novembro, ás 20:00 h, na librería Maraxe. Cangas

03/12/2011 12:00
CULTURGAL 2011
Do 2 ao 4 de decembro, no Pazo da Cultura de Pontevedra

17/12/2011 19:00
Conversa con Tomás Alonso
Sábado 17 de decembro, ás 19:00 h, na Praza de Abastos. Allariz

01/02/2012 19:30
Conversa entre Larpeiros
Mércores 1 de febreiro, ás 19:30 h, na librería Nós. Praza do Libro, 1. A Coruña

16/04/2012 20:00
Conversa entre Larpeiros
Luns 16 de abril, ás 20:00 h, na Escola Oficial de Idiomas de Vigo

22/04/2012 19:00
Conversa entre Larpeiros
Domingo 22 de abril, ás 19 h, na Feira do Libro de Lalín

07/07/2012 12:00
ONDE MERCAN OS LARPEIROS na Feira Medieval de Vilalba
Sábado 7 de xullo, ás 12 h, na Praza de Santa María. Vilalba


EDITORIAL GALAXIA, 2006. Aviso legal