Editorial Galaxia
SUBSCRÍBETE | CONTACTO | MAPA WEB
BUSCAR: 
A Editorial
Autores
Catálogo
Novidades
Ensinantes
Ligazóns
Axenda




Audiocontos



Galicia. Celula de universalidade

« Galaxia de libros « LITERATURA « Obras completas

DECATALOGADO
Sempre en Galiza. Antoloxía
Castelao,
Antoloxía. Edición de Xosé Ramón Pena




Un achegamento sistemático e esencial ás ideas de Castelao

Esta "Antoloxía" de Sempre en Galiza quere ser un instrumento axeitado para a introducción ó pensamento de Castelao, fundamentalmente no relativo a aqueles temas que poden revestir un interese especial para o lector de hoxe. Como o propio antólogo explica no limiar do libro, tratouse de escolmar textos que falasen de "problemáticas que agora mesmo son motivo de controversia ou que carecen dunha plena resolución" e para as que o pensamento de Castelao segue a ser un importante punto de referencia. A antoloxía divídese en dous grandes bloques temáticos: ideario político e posicións lingüístico-culturais. Cada apartado vai seguido dunha "Guía para o comentario de textos" que, complementada coas aclaratorias notas a pé de páxina, conforman un libro concibido para o traballo na aula e para unha aproximación ó pensamento de Castelao.




Editorial: Galaxia
Colección: Obras completas
168 páx.
Rústica
PVP: sen prezo fixo
ISBN: 978-84-8288-435-6
Data publicación: abril 2001
1ª Edición


 

Outros libros de Obras completas
- Seguinte:

Outros libros de Castelao,
- Anterior:
- Seguinte:


EDITORIAL GALAXIA, 2006. Aviso legal