A rosa de ninguén
Celan, Paul
Por primera vez publícase en galego un poemario completo de Paul Celan, un dos grandes poetas do século XX. A colección Dombate, que Editorial Galaxia dedica á poesía, inclúe entre os seus títulos unha das obras máis cativadoras e emocionantes da literatura contemporánea, A rosa de ninguén.
Orixinalmente publicado en alemán no ano 1963, este poemario contén algunhas das composicións fundamentais de Celan e aparece agora nunha edición bilingüe, traducido para o galego por Catuxa López Pato.
A obra de Paul Celan constitúe unha das referencias esenciais da historia da poesía no século XX. Un universo poético que se ergue como experiencia transformadora ante o enigma da existencia. A capacidade de suxestión e penetración das súas verbas reafirma a literatura como linguaxe que mostra e oculta ao mesmo tempo, como renuncia e plenitude. En 1960 Celan recibiu o Premio Georg Büchner pola súa obra literaria.
|
 |

| Editorial: Galaxia |
 |
Colección: Dombate (Poesía)
|
 |
| 112 páx. |
 |
| Rústica con lapelas |
 |
|
PVP:
11.50 €
|
 |
| ISBN: 978-84-8288-751-7 |
 |
| Data publicación: maio 2005 |
 |
| 1ª Edición |
 |
|
|
 |
Outros libros de Dombate (Poesía)
- Anterior: Foulas
- Seguinte: É
 |
 |