Editorial Galaxia
SUBSCRÍBETE | CONTACTO | MAPA WEB
BUSCAR: 
A Editorial
Autores
Catálogo
Novidades
Ensinantes
Ligazóns
Axenda




Audiocontos



Galicia. Celula de universalidade


Territorio da desaparición
Fernán Vello, Miguel Anxo



Unha chamada a prol da esperanza nun tempo de desacougo.

Territorio da desaparición reúne o traballo de creación desenvolvido por Miguel Anxo Fernán Vello durante os últimos anos, o poemario é unha chamada á resistencia a través da palabra, que na obra de Fernán Vello é o lugar da emoción pero tamén da loita contra o esquecemento. O libro é o primeiro des que, no ano 1996, publicara As certezas do clima. Co título de Territorio da desaparición, o poeta fai unha chamada a prol da esperanza nun tempo de desacougo e lenta descomposición das arelas de progreso ao que a poesía non debe permanecer indiferente.

Inmigrantes, exiliados e repatriados constitúense en protagonistas dun territorio no que a derrota e a ameaza do baleiro pretenden impoñerse e no que os poetas «sobreviven na voz impenetrábel da paciencia». Nese mesmo espazo metafórico e literario, a escritura do propio poema acaba por ser a auténtica esperanza. Miguel Anxo Fernán Vello traza os lindes poéticos dun territorio ermo cada vez máis presente no noso tempo. A súa voz, unha das máis singulares da poesía galega contemporánea, teima na poesía como palabra que nos esperta e outorga ás cousas unha verdade firme e necesaria.




Editorial: Galaxia
Colección: Dombate (Poesía)
108 páx.
Rústica con lapelas
PVP: 10.90 €
ISBN: 978-84-8288-719-7
Data publicación: xullo 2004
1ª Edición
Premio da Crítica Española, 2004




 

Outros libros de Dombate (Poesía)
- Anterior:
- Seguinte:

Outros libros de Fernán Vello, Miguel Anxo
- Anterior:


Recomendacho ...
-

EDITORIAL GALAXIA, 2006. Aviso legal