A praia dos afogados
Villar, Domingo
Finalista do International Dagger Prize 2011
Premio Frei Martín Sarmiento 2011 na categoría de adultos
Libro do Ano nos Premios Irmandade do Libro 2009
Premio Losada Diéguez de Creación Literaria
Premio Brigada 21 de novela negra
Despois do éxito de Ollos de auga, Domingo Villar preséntanos esta apaixonante novela de intriga que mergulla o lector no mundo da Galicia mariñeira, desde os areais das Rías Baixas á paisaxe urbana e as tabernas da cidade de Vigo.
A novela parte dun descubrimento estarrecedor. Unha mañá, o cadáver dun mariñeiro é arrastrado pola marea ata unha praia da vila de Panxón, na ría de Vigo. Se non fose porque ten as mans atadas cunha brida de plástico, Xusto Castelo había ser outro mariñeiro que encontrou a súa tumba entre as ondas mentres pescaba. Sen testemuñas nin rastro da embarcación do finado, o lacónico inspector Leo Caldas mergúllase no ambiente mariñeiro para tratar de clarexar o crime entre homes e mulleres que recean de desvelar as súas sospeitas e que, cando deciden falar, apuntan nunha dirección insólita de máis. Un caso difícil para Caldas, que pasa malos momentos: o único irmán do seu pai está enfermo de gravidade e a súa colaboración no programa radiofónico de Onda Vigo estase volvendo cada vez máis inaturable. Tampouco non facilita as cousas o carácter arroutado de Rafael Estévez, o seu axudante aragonés, que non se dá adaptado á retranca e os sobreentendidos dos galegos.
Domingo Villar volve introducir o lector nunha intriga sen acougo. Unha pescuda policial que, nesta segunda novela protagonizada polo inspector Leo Caldas, tamén é unha esculca na memoria e nas ilusións fanadas.
|
 |

| Editorial: Galaxia |
 |
Colección: Literaria
|
 |
| 512 páx. |
 |
| Rústica con lapelas |
 |
|
PVP:
19.90 €
|
 |
| ISBN: 978-84-9865-180-5 |
 |
| Data publicación: marzo 2011 |
 |
| 5ª Edición reimpresión |
 |
| 1ª edición, abril 2009 |
Ligazóns relacionadas:
- Mercar edición dixital
|
|
 |
Outros libros de Literaria
- Seguinte: A muller de ferro
Outros libros de Villar, Domingo
Recomendacho ...
- Eva Carpente
Eventos relacionados:
09/06/2009 19:30 Sinatura de DOMINGO VILLAR na Fnac Martes 9 de xuño, ás 19.30 h, na FNAC. Praza de Lugo, A Coruña
10/06/2009 19:00 Sinatura de Domingo Villar na Casa do Libro de Vigo Mércores 10 de xuño, ás 19.00 horas.
16/07/2009 20:00 Domingo Villar na Feira do Libro de Vigo Xoves 16 de xullo, a partir das 20 h.
19/08/2009 20:00 Sinatura de Domingo Villar en Sanxenxo Mércores 19 de agosto, a partir das 20.00 h, na Librería Nós de Sanxenxo
24/11/2009 20:30 Presentación de A PRAIA DOS AFOGADOS en Nigrán Martes 24 de novembro, ás 20.30 h, na Casa do Concello. Nigrán
23/11/2009 10:00 Roteiro de A PRAIA DOS AFOGADOS Luns 23 de novembro, ás 10.00 h, en Nigrán
[12/04/2010 - 16/04/2010] Roteiro de A PRAIA DOS AFOGADOS Do 12 ao 16 de abril.
[22/04/2010 - 23/04/2010] Roteiro de A PRAIA DOS AFOGADOS Xoves 22 e venres 23 de abril, en Nigrán
29/04/2010 11:00 Roteiro de A PRAIA DOS AFOGADOS Xoves 29 de abril, en Nigrán
01/06/2010 20:00 Roteiro de A PRAIA DOS AFOGADOS Martes 1 de xuño, a partir das 20.00 h.
12/06/2010 13:00 Entrega do premio Losada Diéguez a Domingo Villar Sábado 12 de xuño, no Pazo de Moldes
30/06/2010 20:00 Domingo Villar no Imaxina Sons 2010 Mércores 30 de xuño, ás 20:00 h, no salón de actos do MARCO. Vigo
 |
 |