Ollos de auga
Villar, Domingo
Editorial Galaxia publica Ollos de auga, novela coa que Domingo Villar inicia a súa andaina na narrativa policial en galego. Protagonizada polo inspector Caldas, esta obra salienta por combinar suspense, personaxes orixinais, ambiente urbano e humos nas doses precisas que esixe o xénero negro. Un novo autor para a literatura galega e unha novela na que lectura e diversión son sinónimos.
Na torre da illa de Toralla, en plena ría de Vigo, aparece o cadáver dun saxofonista. O asasinato, dunha crueldade e sangue frío inusitados, vai ser investigado por Leo Caldas, inspector de policía que busca o seu lugar no mundo e que, ademais do seu traballo na comisaría, intervén nun consultorio radiofónico ao que os cidadáns se achegan coas queixas máis diversas. O seu axudante, Rafael Estévez, é un aragonés destinado na cidade, un elemento estraño en terra hostil cun carácter demasiado impetuoso para os seus novos veciños. O caso desenvolverase entre o ambiente cálido e nocturno dos clubs de jazz e a atmosfera tensa e afectada da alta burguesía viguesa.
Novela policial salferida de humor e con grandes doses de suspense, Ollos de auga sitúa ao seu autor na liña de escritores que, coma Andrea Camilleri e Henning Mankell, renovan o xénero negro desde Europa cunha obra na que o interese da narración se ve acrecentado por unha visión crítica da sociedade. Na obra de Domingo Villar conviven certa melancolía coa ledicia da música e o viño branco. Unha historia de misterio zarrapicada de ironía, unha intriga retranqueira, unha novela negra en cores.
|
 |

|
 |
Outros libros de Literaria
- Seguinte: A muller de ferro
Outros libros de Villar, Domingo
Novas relacionadas:
- 'A praia dos afogados' cada vez máis internacional [16/06/2010]
- 'A praia dos afogados' é o Libro do Ano [16/06/2010]
Recomendacho ...
- Santiago Jaureguizar
Eventos relacionados:
[26/03/2007 - 29/03/2007] Encontro cos lectores de Domingo Villar
[31/03/2008 - 04/04/2008] Domingo Villar conversa cos seus lectores En centros de ensino dos concellos de Monforte, A Rúa, Santiago, Riveira, Porto do Son, Teo, Vigo, Moaña, Pontevedra e Salceda, na semana do 31 de marzo.
15/01/2009 20:00 Conferencia de Domingo Villar: "Escribir novela negra" Na Sala de Conferencias do Centro Social Caixanova, Vigo, o xoves 15 de xaneiro, ás 20.00 horas.
10/06/2009 19:00 Sinatura de Domingo Villar na Casa do Libro de Vigo Mércores 10 de xuño, ás 19.00 horas.
16/07/2009 20:00 Domingo Villar na Feira do Libro de Vigo Xoves 16 de xullo, a partir das 20 h.
19/08/2009 20:00 Sinatura de Domingo Villar en Sanxenxo Mércores 19 de agosto, a partir das 20.00 h, na Librería Nós de Sanxenxo
30/06/2010 20:00 Domingo Villar no Imaxina Sons 2010 Mércores 30 de xuño, ás 20:00 h, no salón de actos do MARCO. Vigo
 |
 |