Editorial Galaxia
SUBSCRÍBETE | CONTACTO | MAPA WEB
BUSCAR: 
A Editorial
Autores
Catálogo
Novidades
Ensinantes
Ligazóns
Axenda




Audiocontos



Galicia. Celula de universalidade

« Galaxia de libros « LITERATURA « Literaria

Casas baratas
Riveiro Coello, Antón



As vivencias e as experiencias que constitúen a memoria da adolescencia son as que nutren Casas baratas. Un libro de contos co que Antón Riveiro Coello se debruza sobre o tempo no que se forma a personalidade e sobre o que se constrúe a memoria individual.

Un libro que esperta lembranzas a través duns realtos nos que se rescatan historias e emocións inesquecibles.

Enfiados por un mesmo narrador e cun escenario común, a vila de Xinzo da Limia en pleno franquismo, os relatos de Casas baratas fan xurdir, con intensidade e humor, gorentosos episodiosn nos que historia persoal e colectiva se mesturan e enrriquecen mutuamente. Antón Riveiro Coello reconstrúe con mestría todo un mundo de sensacións e vivencias, converte a literatura no único acobillo do home. O autor de As rulas de Bakunin manexa os diferentes rexistros do conto, desde o humor ao dramatismo, pasando polo misterio e a iniciación no amor, sen deixar de sorprender en todo momento.

O mundo de Casas baratas é o mundo da infancia e dos inicios da adolescencia Riveiro Coello nárrao desde os ollos dun rapaz, cunha mirada que no cotiá descobre o misterio e nos sentimentos sinxelos atopa a paixón de vivir. Os contos deste libro reconcilíannos coa realidade, fannos sentir o paso do tempo non coma unha carencia senón coma unha experiencia que enriquece e da sentido ao vivido. Literatura auténtica escrita desde as emocións que perduran.




Editorial: Galaxia
Colección: Literaria
204 páx.
Rústica con lapelas
PVP: 14.10 €
ISBN: 978-84-8288-852-1
Data publicación: novembro 2005
2ª Edición




 

Outros libros de Literaria
- Seguinte:

Outros libros de Riveiro Coello, Antón
- Anterior:
- Seguinte:


Eventos relacionados:
29/03/2006 20:30
Antón Riveiro Coello presenta en Culleredo, lugar donde viviu varios anos, a súa última novela "Casas baratas"
Editorial Galaxia e o Concello de Culleredo presentan a última novela do escritor Antón Riveiro Coello: Casas baratas. 29 de marzo de 2006 ás 20.30 horas no Edificio de Servicios Múltiples deste concello.

21/04/2006 20:30
Galaxia presenta en Xinzo da Limia o último libro de Riveiro Coello
Na Casa da Cultura de Xinzo da Limia Galaxia presenta Casas baratas de Antón Riveiro Coello.
Terá lugar ás 20.30 horas coa participación do autor, Delfín Caseiroe Carlos Lema.


EDITORIAL GALAXIA, 2006. Aviso legal