Entre fronteiras
Alcalá, Xavier
Entre fronteiras narra a historia da represión das comunidades evanxélicas en Galicia no primeiro terzo do século XX.
A nova novela de Xavier Alcalá forma parte dun proxecto narrativo centrado na historia nunca contada das comunidades evanxélicas en Galicia. Entre fronteiras narra a historia dunha represión. Partindo de feitos reais, a novela de Alcalá achéganos á verdade a través da ficción. As consecuencias de vivir cunhas conviccións relixiosas diferentes e as vicisitudes que o contexto histórico impón aos evanxélicos en Galicia constitúen a materia prima da triloxía «Evanxélica memoria», iniciada coa novela que agora se publica.
Entre fronteiras supón un esforzo narrativo singular. A historia que conta Xavier Alcalá nesta novela comeza durante o reinado de Alfonso XIII e chega á Guerra Civil. As circunstancias e os personaxes son retratados coa exactitude dun escribán de xulgado e o pulso firme e apaixonante dunha narración que flúe dun xeito imparable. A base documental da novela está tomada directamente das conversas que o autor mantivo con membros da comunidade evanxélica en Galicia: os seus testemuños axudaron a Alcalá a tecer un relato de ficción narrativamente verosímil, amais de apaixonante polo que ten de historia vivida.
Xavier Alcalá descobre unha parte ata o de agora descoñecida da nosa historia. O autor anuncia a continuación desta epopea do noso tempo noutras dúas novelas máis, Nas catacumbas e Unha falsa luz. Cada unha das partes da triloxía pódese ler de xeito independente, xa que abranguen distintos períodos da historia recente: a Guerra Civil, a posguerra e o franquismo ata a morte do ditador.
|
 |

| Editorial: Galaxia |
 |
Colección: Literaria
|
 |
| 348 páx. |
 |
| Rústica |
 |
|
PVP:
15.00 €
|
 |
| ISBN: 978-84-8288-667-1 |
 |
| Data publicación: marzo 2004 |
 |
| 1ª Edición |
 |
Boletín de novidades
|
|
 |
Outros libros de Literaria
- Seguinte: A muller de ferro
Outros libros de Alcalá, Xavier
- Anterior: Cárcere verde
- Seguinte: Fumes de papel
Eventos relacionados:
07/08/2008 20:00 Xavier Alcalá presenta a triloxía "Evanxélica memoria" Na Feira do Libro da Coruña, o xoves 7 de agosto, ás 20.00 horas.
 |
 |