A quinta de Saler
Riveiro Coello, Antón
Finalista Premio de Narrativa Torrente Ballester 1998
Un editor contrata a dous escritores, que non se coñecen entre eles, para que escriban unha novela compartida sobre O liberal de Saler, un home que intentou instaurar unha especie de comunismo no antigo Couto Mixto, aquel territorio de soberanía compartida na raia ourensá.
Ese é o punto de partida co que o autor constrúe unha novela orixinal e ben tramada, escrita cun sorprendente dominio da linguaxe literaria e as técnicas narrativas. A quinta de Saler, de Antón Riveiro Coello (Xinzo de Limia, 1964), foi obra finalista da décima edición do premio Torrente Ballester de Narrativa.
|
 |

| Editorial: Galaxia |
 |
Colección: Literaria
|
 |
| 196 páx. |
 |
| Rústica con lapelas |
 |
| PVP: 14.10 € |
 |
| ISBN: 978-84-8288-935-1 |
 |
| Data publicación: outubro 2006 |
 |
| 3ª Edición reimpresión |
 |
|
|
 |
Outros libros de Literaria
- Anterior: Os xenerais de África
- Seguinte: Ela, maldita alma
Outros libros de Riveiro Coello, Antón
- Seguinte: As rulas de Bakunin
Eventos relacionados:
10/03/2008 12:00 Riveiro Coello conversa cos seus lectores No IES de Ribadavia e Cambre, o luns 10 de marzo.
 |
 |