
mércores 16 de maio 2012
Presentación de O NENO CAN
[16/05/2012 12:30]
Mércores 16 de maio, ás 12:30 h, na Biblioteca Ánxel Casal de Santiago
Nun acto para os medios de comunicación presentamos este libro con textos de Fina Casalderrey e Francisco Castro, ilustrado por Patricia Castelao. Ademais dos autores van intervir Víctor F. Freixanes, director xeral de Galaxia, e Manuel Sández Macho, presidente de UNICEF Galicia.
Autores relacionados
Casalderrey, Fina
Castro, Francisco
Libros relacionados
O neno can
Concerto 'Día das Letras Galegas'
[16/05/2012 21:00]
Mércores 16 de maio, ás 21:00 h, no Pazo da Cultura de Pontevedra
O Consello da Cultura Galega organiza este segundo concerto "Día das Letras Galegas" que contará coa Real Filharmonía de Galicia dirixida por Maximino Zumalave e acompañada pola Coral Polifónica e o Coro do Conservatorio Profesional "Manuel Quiroga" de Pontevedra. Na sesión estrearanse as obras "Cantata das cantigas", de Roxelio Groba, e "Caderno de bitácora de Valentín Paz Andrade", de Juan Durán. A entrada será libre ata completar a capacidade do auditorio.
Autores relacionados
Groba, Rogelio
|
|