
luns 3 de agosto 2009
Xesús Alonso Montero na Feira do Libro da Coruña
[03/08/2009 20:30]
Luns 3 de agosto, ás 20.30 h, na Feira do Libro da Coruña
Conferencia do profesor Xesús Alonso Montero arredor dos seus libros máis recentes: Cartas de republicanos galegos condenados a morte (1936-1948), publicado por Xerais e Ramón Piñeiro ou a reinvención da cultura galega, publicado por Galaxia.
Participan: Xesús Alonso Montero, Manuel Bragado e Víctor F. Freixanes.
Presentación de A COCIÑA DE LARPEIROS en Moaña
[03/08/2009 21:30]
Luns 3 de agosto, ás 21.30 h, no Restaurante Bajamar. Meira (Moaña).
Benigno Campos presenta o seu libro de receitas A COCIÑA DE LARPEIROS. Estará acompañado por Xulio Amigo, director comercial de Galaxia, Benxamín Riobó, da libraría O Pontillón, e Lola, compañeira do programa Larpeiros.
Autores relacionados
Campos, Benigno
Libros relacionados
A cociña de Larpeiros. 150 receitas de Benigno Campos
A exposición RAMÓN CABANILLAS. A ROSEIRA DOS RECORDOS en Cambados
[29/07/2009 - 04/10/2009]
Dende o 28 de xullo ata o 4 de outubro, no Pazo de Torrado. Cambados
Esta exposición, que percorre a vida e a obra de Ramón Cabanillas, pódese visitar ata o 4 de outubro no seguinte horario:
De martes a sábado, de 10:00 a 14:00 e de 17:00 a 21:00 horas.
Domingos, de 10:00 a 14:00 horas.
Luns pechado
|
|