
mércores 29 de outubro 2008
A Real Filharmonía de Galicia pon música á versión galega da Cinsenta
[29/10/2008 11:00]
No Auditorio de Galicia, Santiago de Compostela, o mércores 29 de outubro, ás 11.00 horas.
No marco das sesións didácticas da Real Filharmonía no Auditorio de Galicia, realizarase a gravación da música que acompañará á próxima edición de O prodixio dos zapatos de cristal, adaptación en galego do conto da Cinsenta.
Editorial Galaxia prepara a edición de tres contos clásicos rescritos por Neira Cruz e acompañados pola música da Real Filharmonía Galega dirixida por Maximino Zumalave, nunha colección que levará por título os "Musicontos".
Obradoiro Literario para Profesores en Ourense
[29/10/2008 - 30/10/2008]
No Instituto das Artes Escénicas de Ourense, os días 22, 23 , 29 e 30 de outubro, de 18.00 a 20.30 horas.
O escritor Francisco Castro imparte este Obradoiro para aprender a fomentar a escrita creativa dentro da aula. É de balde e enmárcase dentro das actividades da Fundación Otero Pedrayo.
Autores relacionados
Castro, Francisco
|
|