
mércores 20 de febreiro 2008
Presentación de Anxos Sumai en Santiago
[20/02/2008 20:00]
Na Fundación Torrente Ballester, o mércores 20 de febreiro, ás 20.00 horas.
Na presentación da novela Así nacen as baleas, Anxos Sumai estará acompañada por Víctor F. Freixanes e Manolo Martínez.
Autores relacionados
Sumai, Anxos
Libros relacionados
Así nacen as baleas
A exposición "Redes de coñecemento" en Santiago
[14/02/2008 - 25/03/2008]
Na sala de exposicións temporais do Museo do Pobo Galego, desde o 14 de febreiro ata o 25 de marzo.
Co gallo do centenario da creación da Junta para Ampliación de Estudios e Investigaciones Científicas (JAE), o Consejo Superior de Investigaciones Científicas-Delegación Galicia organiza esta exposición que reconstrúe os momentos decisivos da creación, consolidación e desfeita dun proxecto de actualización da ciencia contemporánea en Galicia.
Permanecerá aberta ata o 25 de marzo de 2008 no seguinte horario:
De martes a sábado: de 10.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 20.00 horas
Domingos e festivos: de 11.00 a 14.00 horas
Luns pechado.
|
|