Antón Cortizas
Antón Cortizas Amado (Ferrol, 1954) é profesor. En 1986 gañou o premio Curuxa de Humor co relato A medio muller. Desde esa data, a súa dedicación á literatura infantil e xuvenil tenlle deparado moitos recoñecementos, como o premio Barco de Vapor por Memorias dun río (1988) e O conto dos sete medos (1991) e, tamén en dúas ocasións, o premio Xeración Nós de textos teatrais por O coleccionista de sombras (1990) e O incrible invento de Solfis a pianista (1994). Outros títulos publicados por Cortizas son Xiganano, ¿onde estás? (1990), O lapis de Rosalía (1992), A bruxa sen curuxa (1993), O merlo de ferro (1995), A merla de trapo (Premio Merlín 2001) e ¡Cázame ese pensamento! (2001).
Obras de Antón Cortizas no catálogo:
- Contos de vento e de nunca acabar ISBN: 978-84-8288-278-9
- Historias e algún percance todos ditos en romance ISBN: 978-84-8288-762-3
- ABRAPALABRA! ISBN: 978-84-9865-311-3
|
 |
 |
 |

 |
 |