Editorial Galaxia
SUBSCRÍBETE | CONTACTO | MAPA WEB
BUSCAR: 
A Editorial
Autores
Catálogo
Novidades
Ensinantes
Ligazóns
Axenda




Audiocontos



Galicia. Celula de universalidade

Eloy Varela

Eloy Varela Caseiro naceu na Barrela, na provincia de Lugo, e alí viviu ata a súa adolescencia. O ritual do cine ambulante espertou nel unha curiosidade que anos máis tarde ía satisfacer. Soñar co cine no rural galego dos anos cincuenta era una utopía, así que antes do celuloide chegou a álxebra. Licenciouse na Facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela no ano 1977. Comezou deste xeito o seu percorrido por diferentes centros galegos de ensino e tamén fixo efectiva a súa afición pola creación cinematográfica .

Realizou as súas primeiras películas en Super 8. A estrea produciuse en 1982 cunha curtametraxe de terror titulada 'Calquera día'. Tamén desenvolveu un importante traballo documental, como a fita 'Cariño, un pobo marxinado', documental sobre a loita do concello de Cariño (A Coruña) por se segregar do de Ortigueira (1986).

Coa escritora Fina Casalderrey, ademais deste 'Dúas letras', filmou o drama 'Garuda' no ano 2010.

Alén destes proxectos, traballa no eido da infografía en 3D e na dirección e producción de videos musicais. Compaxina esta labor coa súa docencia no IES Illa de Tambo de Marín.

Obras de Eloy Varela no catálogo:
- Dúas letras ISBN: 978-84-9865-432-5


Eventos relacionados:
26/06/2012 20:30
Presentación de DÚAS LETRAS
Martes 26 de xuño, ás 20:30 h, no Salón Teatro. Rúa Nova, 34. Santiago de Compostela

24/07/2012 17:00
DÚAS LETRAS no Festigal
Martes 24 de xullo, ás 17:00 h, no Campus Sur. Santiago de Compostela

13/07/2012 21:00
DÚAS LETRAS en Cotobade
Venres 13 de xullo, ás 21 h, na sede da Asociación Canón de Pau. Igrexario, Loureiro

23/11/2012 20:00
DÚAS LETRAS en Lérez
Venres 23 de novembro, ás 20:30 h, na Casa da Cultura de Lérez

27/12/2012 20:00
Presentación de DÚAS LETRAS no Burgo, Pontevedra
Xoves 27 de decembro, ás 20 h, na Asociación de Veciños do Burgo, Pontevedra


EDITORIAL GALAXIA, 2006. Aviso legal