Editorial Galaxia
SUBSCRÍBETE | CONTACTO | MAPA WEB
BUSCAR: 
A Editorial
Autores
Catálogo
Novidades
Ensinantes
Ligazóns
Axenda




Audiocontos



Galicia. Celula de universalidade

Aid

Aida Alonso Iglesias, artisticamente coñecida como Aid, é unha cantante e compositora de hip hop e música urbana. Naceu en 1990 en Vigo, e o seu contacto co hip hop chega ao redor dos 12 anos, cando comeza a facer as súas primeiras gravacións caseiras de rap ao redor do ano 2003. En 2004 é un amigo seu quen colga catro dos seus temas nunha coñecida páxina web, sacando á luz o que ía ser a súa primeira maqueta 'Demo' (2004), e 'Aquí tenéis foi a segunda', lanzada en xaneiro de 2007.

O 22 de outubro de 2008 gaña a IV edición do Festival Heineken Greenspace, en Valencia, por diante de máis de 1.300 grupos, converténdose na primeira rapeira que o acada e a artista máis nova que o logra. O 9 de febreiro de 2009 saíu á rúa Jugando, álbum co que debuta. O 28 de xullo de 2009 saíu elixida artista da semana no portal musical iTunes, co tema "Boogie Vigo", e en setembro artista do mes no concurso Ones To Watch, de Myspace. O 11 de xullo de 2010 gañou o concurso Márcate un Squares de Kellogs.

Entre outros traballos, destacan a elaboración de obradoiros de hip hop en centros culturais e de ensino galegos e o seu traballo como locutora e reporteira en medios locais. Ademais da súa faceta artística, é afeccionada ao deporte e estuda Enxeñería de Telecomunicacións na Universidade de Vigo.

Obras de Aid no catálogo:
- Rapoemas ISBN: 978-84-9865-441-7

Noticias relacionadas:
- 'Morgana en Esmelle' e 'Rapoemas' na Feira do libro de Vigo [07/08/2012]
- Rosalía de Castro, a ritmos novos [05/11/2012]
- Galaxia no Festigal [05/11/2012]
- Sinaturas e música na Feira da Coruña [05/11/2012]

Eventos relacionados:
03/07/2012 21:00
Aid presenta RAPOEMAS
Martes 3 de xullo, ás 21:00 h, na Feira do Libro de Vigo

24/07/2012 22:00
Concerto de AID no Festigal
Martes 24 de xullo, ás 22:00 h, no Café Concerto. Campus Sur. Santiago de Compostela

05/08/2012 20:00
Aid presenta RAPOEMAS
Domingo 5 de agosto, ás 20 h, na Feira da Coruña

26/08/2012 20:30
Concerto de AID en Carballo
Domingo 26 de agosto, ás 20:30 h, na Praza dos Libros

10/05/2013 20:30
Concerto de Aid
'Rapoemas': poemas de Rosalía a ritmo de rap


EDITORIAL GALAXIA, 2006. Aviso legal