 |







 |
 |
 |
Martín Codax
De Martín Codax, tal vez o xograr galego-portugués de maior sona, parece indiscutible a súa orixe galega, concretamente do sur do país, polas numerosas referencias a Vigo que aparecen nas súas cantigas.
Non se ten información, non obstante, sobre a súa condición, nobre ou humilde, mais non se dubida da súa esmerada educación en ambientes cultos, relacionados ben coa aristocracia ben co clero.
O corpus literario atribuído a Martín Codax consta de sete cantigas de amigo (probablemente compostas a mediados do século XIII, durante o reinado de Fernando III O Santo) que aparecen recollidas nos cancioneiros e no Pergamiño Vindel. Das cantigas de Codax compiladas no Pergamiño, datado a mediados do século XIII ou comezos do XIV, consérvase a música.
A Martín Codax, Mendinho e Johán de Cangas adicouse o Día das Letras Galegas de 1998.
Obras de Martín Codax no catálogo:
- Martín Codax. Cantigas ISBN: 978-84-8288-189-8
|
 |
 |
 |

 |
 |
 |
 |