Editorial Galaxia
SUBSCRÍBETE | CONTACTO | MAPA WEB
BUSCAR: 
A Editorial
Autores
Catálogo
Novidades
Ensinantes
Ligazóns
Axenda




Audiocontos



Galicia. Celula de universalidade

Anxos Sumai

Anxos Sumai (Catoira, 1962) é documentalista, tradutora e escritora. Colaboradora de distintas publicacións nos anos oitenta e noventa, a súa actividade literaria desenvólvese na rede dende o ano 2001 no portal: culturagalega.org, onde tivo as seccións "Anxos e diaños", con Roberto Ribao, e "Anxos da garda". Colaborou na segunda etapa da revista Guía dos Libros Novos coa sección "Hemisferio Oeste" (2003-2004). Entre os traballos de tradución destacan os Diarios de Syra Alonso.

Como narradora publicou Anxos da garda (2003) e Melodía de días usados (2005), en Editorial Galaxia. Obtivo o Premio Novos Valores da Narrativa Galega en 1985 e o segundo Premio no XI Concurso de Narracións Curtas Modesto R. Figueirido do Pedrón de Ouro, en 1986. En 2004 foi Premio da Crítica Galicia. En 2007 gañou o Premio de Xornalismo Literario e de Opinión Roberto Blanco Torres polo seu espazo de opinión "Somos perigosamente normais", emitido semanalmente no Diario Cultural da Radio Galega durante o 2006. Actualmente traballa no Consello da Cultura Galega.

En 2007 recibiu o II Premio de Narrativa Breve Repsol YPF pola obra Así nacen as baleas, publicada por Editorial Galaxia, e o Premio á Autora do Ano concedido polos membros da Asociación Galega de Editores. Por este mesmo libro obtivo o Premio San Clemente, concedido por rapaces de diversos institutos galegos.

Obras de Anxos Sumai no catálogo:
- Melodía de días usados ISBN: 978-84-8288-809-5
- Así nacen as baleas ISBN: 978-84-9865-022-8


Recomendacho ...
- Xesús Constela

Eventos relacionados:
15/11/2007 20:30
Presentación do II Premio de Narrativa Breve Repsol YPF
Na Fundación Luís Seoane, A Coruña, ás 20.30 horas.

30/01/2008 20:30
Literactúa con Anxos Sumai
O mércores 30 de xaneiro, ás 20.30 horas, no Café Valle Inclán de Carballo.

20/02/2008 20:00
Presentación de Anxos Sumai en Santiago
Na Fundación Torrente Ballester, o mércores 20 de febreiro, ás 20.00 horas.

04/11/2008 20:00
"Así nacen as baleas" en Espazo Lectura
Martes 4 de novembro, ás 20.00 horas, na Biblioteca Municipal de Gondomar

02/03/2009 20:00
Anxos Sumai na Escola Oficial de Idiomas de Vigo
Luns 2 de marzo, ás 20.00 h, na Aula Magna da EOI de Vigo. Avenida Martínez Garrido, 17.

12/03/2009 19:00
Entrega do Premio San Clemente a Anxos Sumai e Haruki Murakami
Xoves 12 de marzo, ás 19.00 h, no IES Rosalía de Castro, Santiago de Compostela.


EDITORIAL GALAXIA, 2006. Aviso legal