Editorial Galaxia
SUBSCRÍBETE | CONTACTO | MAPA WEB
BUSCAR: 
A Editorial
Autores
Catálogo
Novidades
Ensinantes
Ligazóns
Axenda




Audiocontos



Galicia. Celula de universalidade

Jordi Sierra i Fabra

Naceu en Barcelona en 1947. É un dos autores españois máis prolíficos e recoñecidos internacionalmente. Autor de máis de douscentos libros e traducido a máis de vinte linguas, iniciouse profesionalmente no xornalismo e foi director de revistas fundamentais para a introdución en España da música rock, como Disco Exprés. Desde 1978 dedícase exclusivamente á literatura, alcanzando un extraordinario éxito de público e vendas. Entre as súas obras máis populares destacan Historia de la música pop, El joven Lennon, El tiempo del olvido, Nun lugar chamado Guerra e Durmido sobre os espellos. Algunhas das súas obras coñeceron adaptacións á televisión. En 2006 e 2010 foi candidato ao Nobel da literatura para xoves, o premio Hans Christian Andersen, representando a España. En 2011 entrou no padroado do Instituto Cervantes.

A lista dos seus premios é interminable: Ateneo de Sevilla, Gran Angular, Vaixell de Vapor, Abril, Edebé, Cervantes Chico… En 2007 gañou o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil, concedido polo Ministerio de Cultura, coa súa obra Kafka y la muñeca viajera, publicado en galego por Galaxia.

Obras de Jordi Sierra i Fabra no catálogo:
- Soidades de Ana ISBN: 978-84-8288-731-9
- Nun lugar chamado Guerra ISBN: 978-84-8288-614-5
- Kafka e a boneca viaxeira ISBN: 978-84-9865-205-5
- Durmido sobre os espellos ISBN: 978-84-8288-611-4
- A modelo descalza ISBN: 978-84-9865-364-9


Recomendacho ...
- Montse Pena Presas

Eventos relacionados:
22/04/2012 18:00
Representación de KAFKA E A BONECA VIAXEIRA
Domingo 22 de abril, ás 18:00 h, no Auditorio Municipal de Vigo


EDITORIAL GALAXIA, 2006. Aviso legal