Editorial Galaxia
SUBSCRÍBETE | CONTACTO | MAPA WEB
BUSCAR: 
A Editorial
Autores
Catálogo
Novidades
Ensinantes
Ligazóns
Axenda




Audiocontos



Galicia. Celula de universalidade

Alfonso Pexegueiro

Naceu en Angoares en 1948. Iniciou a súa actividade literaria en 1975 coa creación do Grupo de Comunicación Poética "Rompente". Fundador en 1980, xunto con outros autores, da Asociación de Escritores en Lingua Galega, foi o seu secretario ata xuño do 1985, ano no que marcha a vivir a Barcelona para voltar, no ano 2000, a Galicia. Da súa obra poética cómpre salientar o poemario Seraogna (1976), libro anovador considerado po algúns críticos como precursos dos novos rumbos que seguiría a creación poética galega. Con Mar e naufraxio obtería o Premio da Crítica Galicia de 1978. En 1984 publicou A illa das mulleres loucas, reeditado por Galaxia en 2004. No eido da narrativa publica Relatos para salferir (1981) e Desatinos dun maldito (1991), continuando o seu labor poético na derradeira década do século XX con ¿Serán os cisnes que volven (1995) e Hipatia (1998).

Obras de Alfonso Pexegueiro no catálogo:
- A illa das mulleres loucas ISBN: 978-84-8288-664-0


Eventos relacionados:
28/07/2010 22:00
Representación de "A Illa das Mulleres Loucas"
Mércores 28 de xullo, ás 22:00 h, no Auditorio Municipal de Cangas.


EDITORIAL GALAXIA, 2006. Aviso legal