Editorial Galaxia
SUBSCRÍBETE | CONTACTO | MAPA WEB
BUSCAR: 
A Editorial
Autores
Catálogo
Novidades
Ensinantes
Ligazóns
Axenda




Audiocontos



Galicia. Celula de universalidade

Francisco Castro

Francisco Castro é un dos narradores galegos que comezaron a publicar no inicio do século XXI. A súa narrativa destaca pola orixinalidade á hora de abordar xéneros moi diferentes. Nacido en Vigo en 1966, traballa desde hai anos como cronista cultural en varios medios galegos, e na actualidade na Editorial Galaxia. É autor do libro de relatos eróticos Xeografías, de A canción do náufrago, ambos de 2001, e do relato histórico Memorial do infortunio. En 2004 publicou Xeración perdida, novela coa que adentra ao lector no mundo das drogas, e Un bosque cheo de faias, que gañou o Premio Frei Martín Sarmiento. Recibiu en 2006 o Premio Blanco Amor de novela longa con Spam que publica Galaxia.

En 2007 resultou gañador do Premio de Novela Manuel García Barros, concedido polo Concello da Estrada, coa novela As palabras da néboa, publicado por Editorial Galaxia. No mesmo ano publica "O ceo dos afogados" que foi finalista do premio Fundación Caixa Galicia e que recibiría o Frei Martín Sarmiento como mellor libro do ano.

En 2009 obtivo o Primeiro Accésit e Pluma de Prata no I Certame de Xornalismo de Opinión Raimundo García ‘Borobó’ polo seu artigo titulado ‘Borobó despedido’. Tamén neste ano publicou na colección Árbore de Galaxia a novela Chamádeme Simbad. En 2010 publica O segredo de Marco Polo na colección Costa Oeste.

Obras de Francisco Castro no catálogo:
- Xeración perdida ISBN: 978-84-8288-659-6
- Spam ISBN: 978-84-8288-936-8
- As palabras da néboa ISBN: 978-84-9865-021-1
- Chamádeme Simbad ISBN: 978-84-9865-147-8
- O segredo de Marco Polo ISBN: 978-84-9865-297-0

Noticias relacionadas:
- Os mellores de 2009 [16/06/2010]
- Lecturas para un verán [28/07/2010]
- Marco Polo comezou a súa viaxe [28/07/2010]

Recomendacho ...
- Ramón Nicolás
- María Xesús Blanco

Eventos relacionados:
28/03/2007 20:30
Francisco Castro en Literactúa
"Spam" foi a lectura proposta para o mes de marzo.

30/11/2007 20:00
Entrega do Premio García Barros 2007
No Teatro Principal de A Estrada, o venres 30 de novembro, ás 20.00 horas.

28/02/2008 20:00
Presentación en Vigo de "As palabras da néboa"
Na Casa do Libro de Vigo, o xoves 28 de febreiro, ás 20.00 horas.

13/03/2008 20:30
Presentación de Francisco Castro na Pobra do Caramiñal
O xoves 13 de marzo, ás 20.30 horas, na librería Ler da Pobra do Caramiñal.

02/07/2008 20:30
Sinatura de Francisco Castro
Na Feira do Libro de Vigo, o mércores 2 de xullo, ás 20.30 horas.

[22/10/2008 - 23/10/2008]
Obradoiro Literario para Profesores en Ourense
No Instituto das Artes Escénicas de Ourense, os días 22, 23 , 29 e 30 de outubro, de 18.00 a 20.30 horas.

[29/10/2008 - 30/10/2008]
Obradoiro Literario para Profesores en Ourense
No Instituto das Artes Escénicas de Ourense, os días 22, 23 , 29 e 30 de outubro, de 18.00 a 20.30 horas.

19/05/2009 19:00
Francisco Castro na Feira do Libro de Lugo
Martes 19 de maio, ás 19.00 horas.

23/06/2009 20:30
Francisco Castro no Club de Lectura de Ponteareas
Martes 23 de xuño, ás 20.30h, no Club de Lectura de Ponteareas

10/07/2009 20:30
O escritor Francisco Castro lerá o pregón inagural da Feira do Libro de Vigo
Venres 10 de xullo, ás 20.30 h, na Alameda de Vigo.

15/07/2009 20:00
Sinatura de Francisco Castro na Feira do Libro de Vigo
Mércores 15 de xullo, a partir das 20 h.

08/07/2010 20:30
Presentación de O SEGREDO DE MARCO POLO, de Francisco Castro
Xoves 8 de xullo, ás 20:30 h, na Feira do Libro de Vigo

25/07/2010 20:45
Francisco Castro no Festigal 2010
Domingo 25 de xullo, ás 20:45 h.

12/07/2010 21:30
Francisco Castro na Feira do Libro de Barcelos
Luns 12 de xullo, ás 21:30 h (hora local)

02/08/2010 20:00
Presentación de O SEGREDO DE MARCO POLO
Luns 2 de agosto, ás 20 h, na Feira da Coruña


EDITORIAL GALAXIA, 2006. Aviso legal