Editorial Galaxia
SUBSCRÍBETE | CONTACTO | MAPA WEB
BUSCAR: 
A Editorial
Autores
Catálogo
Novidades
Ensinantes
Ligazóns
Axenda




Audiocontos



Galicia. Celula de universalidade

Vítor Vaqueiro

Vítor Vaqueiro (Vigo, 1948) estudou Ciencias Químicas na Universidade de Santiago e despois duns anos de exercicio docente no ensino medio decidiu dedicarse á fotografía, en torno á cal impulsou numerosas actividades. A súa andaina literaria está marcada pola poesía, xénero que cultivou case en exclusiva durante os 80 e ao que legou títulos como Lideiras entre a paisaxe (1979), Informe da gavilla (1980), Camiño de Antioquía (1982, Premio Esquío), A fraga prateada (1983, Premio da Crítica Española) e A cámara de néboa (1989).

O seu primeiro libro de narracións foi O soño dirixido (1992), ao que seguiu Os xenerais de África (1999). Tamén desenvolveu un importante traballo no eido da divulgación, froito do cal son os libros Guía das festas populares de Galicia (1997, en colaboración con X. M. González Reboredo) e Guía da Galiza máxica (1998).

En 2008 publica en Galaxia a novela Os espellos do tempo.

Obras de Vítor Vaqueiro no catálogo:
- Informe da gavilla ISBN: 978-84-7154-362-2
- A fraga prateada ISBN: 978-84-7154-453-7
- Guía de festas populares de Galicia ISBN: 978-84-8288-130-0
- Os xenerais de África ISBN: 978-84-8288-267-3
- Guía do Norte de Portugal ISBN: 978-84-8288-476-9
- Os nomes da morte ISBN: 978-84-8288-570-4
- Guía da Galiza máxica, mítica e lendaria ISBN: 978-84-8288-205-5
- Galicia mágica ISBN: 978-84-8288-705-0
- Os espellos do tempo ISBN: 978-84-9865-115-7
- O soño (re)dirixido ISBN: 978-84-9865-285-7

Noticias relacionadas:
- O soño (re)dirixido [28/07/2010]
- Presentación de O SOÑO (RE)DIRIXIDO, de Vítor Vaqueiro [28/07/2010]

Eventos relacionados:
09/12/2008 20:00
Presentación de "Os espellos do tempo", de Vítor Vaqueiro
Martes 9 de decembro, ás 20.00 horas, na librería Andel. Rúa Pintor Lugrís, 10. Vigo

06/07/2010 20:30
Presentación de O SOÑO (RE)DIRIXIDO, de Vítor Vaqueiro
Martes 6 de xullo, ás 20:30 h, na Feira do Libro de Vigo


EDITORIAL GALAXIA, 2006. Aviso legal