Editorial Galaxia
SUBSCRÍBETE | CONTACTO | MAPA WEB
BUSCAR: 
A Editorial
Autores
Catálogo
Novidades
Ensinantes
Ligazóns
Axenda




Audiocontos



Galicia. Celula de universalidade

Antón Risco

Antón Risco (Allariz, 1926-Vigo, 1998) viviu dende neno nun ambiente familiar moi vencellado á vida cultural galega. Despois de rematar os estudos de Filosofía e Letras obtivo unha praza de profesor de español en Francia e máis tarde nos Estados Unidos. De alí pasou a Canadá, onde exerceu a docencia durante moitos anos na Universidade de Laval, en Quebec. Froito desa dedicación universitaria foron os seus estudos sobre literatura fantástica e a súa moi citada tese de doutoramento sobre as estéticas de Valle-Inclán. Pero a figura de Antón Risco cobra unha especial relevancia na literatura galega pola súa obra de creación, na que destacan libros como Memorias dun emigrante (1987, Premio da Crítica Española), As metamorfoses de Proteo (1989, Premio Galicia), Tres situacións elementais (1991), Antoloxía da literatura fantástica en lingua galega (1991) e Mascarada (1995). Con Os fillos do río foi finalista en 1997 do Premio Torrente Ballester que convoca a Deputación da Coruña. Coa novela O embrión, publicada en Galaxia, obtivo o premio Rubia Barcia Cidade de Ferrol, no ano 2001, a título póstumo.

Obras de Antón Risco no catálogo:
- As metamorfoses de Proteo ISBN: 978-84-7154-664-7
- Tres situacións elementais ISBN: 978-84-7154-807-8
- Mascarada ISBN: 978-84-8288-013-6
- Para ler a Vicente Risco ISBN: 978-84-8288-133-1
- Os fillos do río ISBN: 978-84-8288-286-4
- O embrión ISBN: 978-84-8288-572-8
- Obxectos antigos de orixe ignorada ISBN: 978-84-9865-059-4


Recomendacho ...
- Xosé Manuel Pacho

Eventos relacionados:
04/06/2008 20:00
Presentación en Ourense de "Obxectos antigos de orixe ignorada", de Antón Risco
Na Feira do Libro de Ourense, o mércores 4 de xuño, ás 20.00 horas.


EDITORIAL GALAXIA, 2006. Aviso legal