Miguel Anxo Murado
Nado en Lugo en 1965, é escritor, guionista de cinema e televisión. A súa aparición no mundo literario tivo lugar con Metamorfosis benezianas (1983), novela en castelán coa que gañou ós 17 anos o Premio Café Gijón. En galego é autor dunha variada obra que inclúe narrativa (Memoria de derribos, Mércores de cinza), poesía (Lapidario dos heterodoxos, Bestiario dos descontentos) e teatro (A grande noite de Fiz, Historias peregrinas). En 1991 e 1994 viaxou á exIugoslavia como enviado especial, experiencia da que naceu Ruído. Relatos de guerra. En 2001 publicou o ensaio Caderno de Xapón.
En paralelo co seu traballo literario, Murado desenvolveu durante anos un labor de guionista, polo que obtivo en tres ocasións o Premio Carlos Velo para guionistas da Xunta de Galicia. Seus son os guións de películas do cinema español como La Ley de la Frontera ou Finisterre. En televisión, escribiu e realizou unha ducia de documentais sobre Xeografía, Literatura e Política, e colaborou en varias series.
Murado desenvolveu unha actividade intermitente no campo do xornalismo. É columnista habitual en diversos medios. Residiu varios anos en Oriente Medio, onde traballou sucesivamente para as Nacións Unidas, o Goberno da Autoridade Palestina e como correspondente de prensa.
Obras de Miguel Anxo Murado no catálogo:
- Memoria de derribos ISBN: 978-84-7154-843-6
- Caderno de Xapón ISBN: 978-84-8288-375-5
- Ruído. Relatos de guerra ISBN: 978-84-8288-827-9
- Mércores de cinza ISBN: 978-84-8288-934-4
- O soño da febre ISBN: 978-84-7154-080-5
- Fin de século en Palestina ISBN: 978-84-9865-058-7
|
 |
 |
 |
 Eventos relacionados:
10/05/2007 19:00Presentación de "O soño da febre", de Miguel Anxo MuradoNo Café Literario do Culturgal, Pazo da Cultura de Pontevedra, ás 19.00 horas.
11/07/2007 20:00Presentación de "O soño da febre", de Miguel Anxo MuradoMércores 11 de xullo, ás 20.00 horas, na Fundación Torrente Ballester, rúa do Vilar 7, Santiago de Compostela.
09/04/2008 20:00Presentación de "Fin de século en Palestina", de Miguel Anxo MuradoNa Feira do Libro de Santiago, o mércores 9 de abril, ás 20.00 horas.
10/04/2008 20:00Presentación de "Fin de século en Palestina" en LugoNa Galería Sargadelos de Lugo, o xoves 10 de abril, ás 20.00 horas.
20/11/2008 21:00Conversa arredor do libro "Fin de século en Palestina"Xoves 20 de novembro, ás 20.00 horas, na Fundación Carlos Casares. Elduayen, 36-2º. Vigo
28/04/2010 20:00Conferencia de Miguel Anxo Murado na CoruñaMércores 28 de abril, ás 20.00 h, na Real Academia Galega. Rúa Tabernas, 11. A Coruña
28/05/2011 13:00Sinatura de Miguel Anxo Murado na Feira do Libro de MadridSábado 28 de maio, ás 13:00 h, na caseta da AGE
26/11/2012 13:00Conferencia de Miguel-Anxo Murado en BarcelonaLuns 26 de novembro, ás 13 h, na Facultat de Filologia, Universitat de Barcelona
 |
 |