Víctor F. Freixanes
Víctor Fernández Freixanes (Pontevedra, 1951) é doutor en Filoloxía Románica, pasou da docencia escolar ao xornalismo, de aí ao mundo da edición e, finalmente, á universidade. Actualmente é profesor de xornalismo en Santiago de Compostela, membro da Real Academia Galega e director de Editorial Galaxia. En 1980 gañou o Premio Modesto R. Figueiredo co relato "A caza das cascudas". Posteriormente, coa súa primeira novela, O triángulo inscrito na circunferencia (1982) obtivo o Premio Blanco Amor. En 1989, publica O enxoval da noiva, novela que recrea a Roma dos Borgia, e en 1993 gaña o Premio Torrente Ballester con A cidade dos césares. Antes dera ao prelo Unha ducia de galegos (1976), fito na recuperación da memoria do galeguismo a través do xénero da entrevista, e Memoria dun fuxido (1980), baseada na vida do guerrilleiro Manuel González Fresco. En 2010 publica en Galaxia a novela Cabalo de ouros, co que obtivo o Premio Autor do Ano da Federación de Libreiros de Galicia.
En 2012 obtivo o 1º premio 'Rosa dos Ventos' concedido polo alumnado de bacharelato do Instituto Santiago Apóstol de Bos Aires.
Obras de Víctor F. Freixanes no catálogo:
- O triángulo inscrito na circunferencia ISBN: 978-84-7154-416-2
- O enxoval da noiva ISBN: 978-84-7154-604-3
- Cabalo de ouros ISBN: 978-84-9865-328-1
|
 |
 |
 |
 Noticias relacionadas:
- Sinaturas e música na Feira da Coruña [05/11/2012]
- "Cabalo de Ouros" na Feira do Libro de Buenos Aires [22/05/2013]
Recomendacho ...
- Prudencio Viveiro Mogo
- Fina Casalderrey
Eventos relacionados:
16/12/2010 20:00Presentación de CABALO DE OUROSXoves 16 de decembro, ás 20:00 h, na Biblioteca Ánxel Casal. Avda. Xoán XXIII. Santiago de Compostela
21/12/2010 20:00Presentación de CABALO DE OUROS en PontevedraMartes 21 de decembro, ás 20:00 h, no Café Moderno. Fundación Caixa Galicia. Praza de San Xosé, 3. Pontevedra
25/02/2011 20:30Presentación de CABALO DE OUROS en NoiaVenres 25 de febreiro, ás 20:30 h, na Casa da Cultura "Avilés de Taramancos" de Noia
08/05/2012 20:00CABALO DE OUROS no club de lectura Sete VidasMartes 8 de maio, ás 20 h, na Biblioteca de Gondomar
05/08/2012 19:00Sinatura de Víctor F. FreixanesDomingo 5 de agosto, ás 19 h, na Feira do Libro da Coruña
20/09/2012 19:00Tertulia con Víctor F. FreixanesXoves 20 de setembro, ás 19:00 h, na Casa da Cultura de Fene
11/10/2012 20:00CABALO DE OUROS en PontevedraXoves 11 de outubro, ás 20:00 h, na Asociación de Veciños San Roque. Travesía Hermanos Pazó Montes, 2. Pontevedra
 |
 |