Editorial Galaxia
SUBSCRÍBETE | CONTACTO | MAPA WEB
BUSCAR: 
A Editorial
Autores
Catálogo
Novidades
Ensinantes
Ligazóns
Axenda




Audiocontos



Galicia. Celula de universalidade

Emilio Álvarez Blázquez

Naceu en Tui en 1919. Dende 1942 ata o seu falecemento en 1988 residiu en Vigo. Xunto aos seus irmáns Álvaro e Xosé María fundou Edicións Castrelos, unha das iniciativas máis importantes da edición en galego no franquismo. Participou tamén na fundación de Galaxia, onde creou a colección "Salnés".

Iniciouse na escritura na publicación escolar Tude, que dirixía Xesús Ferro Couselo. En castelán escribiu xunto ao seu irmán Xosé María a peza teatral Los pazos altivos. En lingua galega é autor de Poemas de ti e de min e do poemario O tempo desancorado (poemas para María Blázquez), publicado no ano da súa morte.

Obras de Emilio Álvarez Blázquez no catálogo:
- O tempo desancorado ISBN: 978-84-7154-599-2


Eventos relacionados:
29/04/2008 20:00
Conferencia de Sabino Torres: "Emilio e Xosé María Álvarez Blázquez na colección Benito Soto"
Na Casa Galega da Cultura, o martes 29 de abril, ás 20.00 horas.


EDITORIAL GALAXIA, 2006. Aviso legal