2 premios dispoñibles
Premios
 |
Premios da Crítica para Murado e Borrazás

O soño da febre e Arte e parte, editados por Galaxia, obtiveron o pasado sábado os Premios da Crítica de Galicia de creación literaria e ensaio respectivamente.
Non hai dous sen tres. Despois do premio da AELG e o Losada Diéguez, o libro de relatos O soño da febre do xornalista e escritor Miguel Anxo Murado obtén este recoñecemento, segundo o fallo do xurado, polo seu "universalismo vivenciado, a integración dos relatos cortos e a eficacia dun recurso onírico que non rompe cos espazos coñecidos".
Xurxo Borrazás recibiu o premio na categoría de ensaio e pensamento pola obra Arte e parte. Dos patriarcas á arte suicida pola "profundidade do autor, a súa madurez intelectual e os seus orixinais enfoques.
|
|
 |
Outro premio para Anxos Sumai

A súa primeira novela Así nacen as baleas vén de gañar a XIV edición do premio San Clemente en lingua galega, concedido por alumnos de bacharelato de cinco institutos galegos. Con esta súa estrea na novela xa obtivera o Premio de Narrativa Breve Repsol YPF, que lle valeu a publicación do orixinal por parte de Editorial Galaxia, e foi galardonada co premio á Autora do Ano 2007 nos Premios da Edición convocados pola AGE.
|
|
|
 |
 |
 |
Premio Ramón Piñeiro de Ensaio
Na última edición do Premio Ramón Piñeiro, a sétima xa, foi galardonado o ensaio sobre o tema da paisaxe e a súa estreita relación coa cuestión identitaria, fundamental no caso da sociedade e da cultura galegas, de María López Sández, Paisaxe e nación. A creación discursiva do territorio. |
|
|
 |