Premio de Narrativa Breve Repsol
Repsol en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia e Editorial Galaxia convocan este premio de narrativa breve no desexo de contribuír ao desenvolvemento da literatura galega.
Bases:
- A este premio poderán concorrer todos os autores e autoras que o desexen, agás o gañador/a da edición anterior, cunha obra escrita en lingua galega, consonte á normativa establecida pola Real Academia Galega.
- As obras, que serán orixinais e inéditas, terán unha extensión non inferior a 50 folios nin superior a 120.
- Os orixinais, que se presentarán encadernados en oito copias, estarán mecanografados a dobre espazo, a razón de 32 liñas de 70 caracteres aproximadamente. En cada un deles figurará o título da obra e o lema da mesma. Ademais, achegarase un sobre pechado no que figurará o devandito lema e, no seu interior, nome, enderezo e teléfono do autor ou da autora.
- As obras enviaranse antes do 21 de xullo de 2008, facendo constar no sobre PREMIO DE NARRATIVA BREVE REPSOL YPF, ao seguinte enderezo:
Complexo Industrial Repsol YPF
Apartado 700
15080 A Coruña
- Establécese un único premio dotado con 9.000 euros. Esta cantidade estará suxeita a retención a conta do IRPF que legalmente corresponda.
- O premio poderá declararse deserto sempre que o xurado considere que as obras presentadas non reúnen a calidade suficiente.
- A contía do premio inclúe os dereitos de autor pola primeira edición do texto gañador. A obra premiada será publicada por Editorial Galaxia, a quen corresponderán os dereitos de edición en galego. En todas as edicións que se realicen farase constar o nome de Premio de Narrativa Breve Repsol YPF 2008.
- O xurado estará composto por persoas de recoñecido prestixio e será nomeado por Repsol YPF e a Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia en colaboración coa Real Academia Galega, a Editorial Galaxia, a Asociación de Escritores en Lingua Galega e a Asociación Galega de Editores.
A súa decisión será inapelable e farase pública no mes de setembro do presente ano 2008.
- A entrega do premio terá lugar no decurso dun acto público que se celebrará na cidade da Coruña.
- A non ser por razóns de forza maior, a persoa gañadora deberá estar presente no acto de entrega do premio.
- Os orixinais non premiados serán devoltos, sempre que os autores ou autoras o soliciten por escrito, no prazo máximo de dous meses, a partir da data en que se faga pública a resolución do xurado. Os orixinais que non se retiren serán destruídos.
- Nos aspectos non contemplados nestas bases ou naqueles que puidesen ser obxecto de interpretación, a decisión corresponde ás entidades organizadoras quen, unha vez consultados os membros do xurado, emitirán fallo que será inapelable.
- A participación nesta convocatoria implica a aceptación das presentes bases.
« Volver
|
 |
 |
 |
Premio de Narrativa Breve Repsol
Listaxe de libros premiados:
|
|
|
 |