Editorial Galaxia
SUBSCRÍBETE | CONTACTO | MAPA WEB
BUSCAR: 
A Editorial
Autores
Catálogo
Novidades
Ensinantes
Ligazóns
Axenda




Audiocontos



Galicia. Celula de universalidade

Novidades     Noticias     Premios     Críticas    
Subscrición    

Premio Blanco Amor de Novela Longa

A Xunta de Goberno Local do Concello de Cedeira, en sesión ordinaria celebrada con data 27/09/2006 aprobou as seguintes bases, para o XXV Premio de Novela Longa 'Blanco Amor'.
Bases:
  1. O premio estará dotado con 12.020 euros.
  2. Poderán participar nel todos os autores ou autoras de calquera nacionalidade, que presenten unha ou varias obras escritas en lingua galega na normativa oficial.
  3. As novelas terán unha extensión mínima de 150 folios mecanografados ou escritos en ordenador (tamaño de fonte 12), por unha soa cara e a dous espazos.
  4. As obras presentadas terán que ser inéditas.
  5. A obra ou obras enviaranse por correo, sen remite e baixo lema, á Biblioteca Pública Municipal 'López Cortón', Rúa do Cristo, 1, C.P. 15350 Cedeira (A Coruña). En sobre adxunto, pechado e baixo o mesmo lema, indicaranse o nome e enderezo do autor ou autora. De cada obra remitiranse 5 copias.
  6. O prazo de admisión dos orixinais rematará o día 30 de Decembro de 2006. O ditame do xurado darase a coñecer no mes de Marzo de 2007, en xuntanza que se celebrará no Concello de Cedeira. A data precisa comunicarase oportunamente.
  7. O xurado do premio, nomeado nesta ocasión polo Concello de Cedeira, estará composto por cinco membros, que deberán ser escritores/as ou críticos/as literarios/as da literatura galega.
  8. O premio poderá declararse deserto, de non existiren obras de calidade a xuízo do xurado. Neste caso, o importe destinarase a divulgar a obra de Eduardo Blanco Amor entre as escolas e os centros culturais de Galicia.
  9. O xurado fará públicas as razóns nas que se fundou para a concesión do premio.
  10. A concesión do premio non implicará cesión dos dereitos de propiedade sobre a obra premiada. As obras non premiadas serán devoltas ós/ás autores/as que o soliciten, no prazo dun mes, contando dende o día do veredicto. Os gastos de devolución estarán a cargo dos autores. En caso de non recollerse en tempo os orixinais, serán destruídos.
  11. A entrega do premio terá lugar no mes de Abril de 2007, nun acto público, convocado oportunamente, no que se tentará a difusión da novela gañadora.
  12. O feito de concorreren a este premio presupón que os/as autores/as aceptan as bases do mesmo.
  13. Nos aspectos non contemplados nestas bases, decidirá a entidade organizadora.


  14. « Volver
Premio Blanco Amor de Novela Longa
Listaxe de libros premiados:

EDITORIAL GALAXIA, 2006. Aviso legal