Editorial Galaxia
SUBSCRÍBETE | CONTACTO | MAPA WEB
BUSCAR: 
A Editorial
Autores
Catálogo
Novidades
Ensinantes
Ligazóns
Axenda




Audiocontos



Galicia. Celula de universalidade

Novidades     Noticias     Premios     Críticas    
Subscrición    

Novidades

16 novidades editoriais dispoñibles

Laura no deserto
Riveiro Coello, Antón

Compostela, Barcelona, Europa durante a Segunda Guerra Mundial, Nova York a fins do século XX, son os escenarios dunha obra narrativa que ergue un sólido universo e entra na alma dos personaxes para nos falar cunha voz intensa sobre a identidade, a culpa, o amor ou a liberdade.

Contos da terra da tarde
Iglesias, Bieito

Asuntos de actualidade coma a eutanasia, o racismo, a soidade urbana ou a exclusión dos vellos combínanse con personaxes excéntricas mais ambos e dous, temas e caracteres, abórdanse cunha ollada que revela os seus recantos escuros, eses que ilumina a luz crepuscular baixo a que se coloca este novo conxunto de historias do autor de 'Pan e coitelo'.

As fiandeiras
Piñeiro, Antonio

Premio García Barros 2011

Microbios e outros paquidermos
Díaz-Castroverde, Fernando

Premio de Narrativa Breve Repsol 2011

Diario de inverno
Auster, Paul

Anticipándose á súa publicación en inglés, Editorial Galaxia pon nas mans dos lectores e lectoras galegos o novo libro de Paul Auster. Unha novela na que o escritor relexiona sobre a súa vida a través do relato dos momentos que deixaron pegada na súa imaxinación.

Criaturas. Só lles falta falar!
González, Rocío
Pato, Alfonso

Sabedes como se chama o son que emite o burro?, ou que é un lucecú?, cantos dentes ten un mosquito? Animádevos a abrir estas páxinas e descubriredes os segredos mellor gardados do mundo das CRIATURAS.

Grial 192
VV.AA.,

Príncipe das letras. Cen anos con Álvaro Cunqueiro

Diabolus in musica. Conversas con Rogelio Groba
Fernández, Manrique
Groba, Rogelio

A verba directa e contundente do mestre Groba a carón dunha escolma da súa música nun CD

Berrogüetto. O pulso da terra
Neira, Fernando

A primeira biografía de Berrogüetto, xunto cun concerto en directo en CD e DVD

Á beira de Beiras. Ensaios e apuntamentos
VV.AA.,

Dende a pluralidade do galeguismo, e arredor da figura de Xosé Manuel Beiras, voces diversas falan de nós nun temario aberto de cuestións capitais para a comprensión da Galicia do noso tempo

EDITORIAL GALAXIA, 2006. Aviso legal