Editorial Galaxia
SUBSCRÍBETE | CONTACTO | MAPA WEB
BUSCAR: 
A Editorial
Autores
Catálogo
Novidades
Ensinantes
Ligazóns
Axenda




Audiocontos



Galicia. Celula de universalidade

Novidades     Noticias     Premios     Críticas    
Subscrición    

28-07-2010
Xulio Amigo, presidente da Asociación Culturgal

É o Director Comercial de Galaxia

Vén de constituirse hai uns días a Asociación Culturgal. A directiva estará presidida polo Director Comercial da nosa editorial, Xulio Amigo, profesional de dilatada traxectoria no mundo da edición e da xestión cultural.
As entidades AGE, AGAPHONO, AGEM e ESCENA GALEGA, asinaron os estatutos e acta de constitución da ASOCIACIÓN CULTURGAL. Por cuestións burocráticas outros colectivos culturais como AGAPI e EGANET vanse incorporar proximamente.
Ademais de Xulio Amigo, como presidente en representación da ASOCIACIÓN GALEGA DE EDITORES, a directiva queda constituida polo seguintes membros:
VICEPRESIDENCIA: ESCENA GALEGA- Ernesto Chao
SECRETARÍA : AGAPHONO- Cándido Meixide
TESOUREIRÍA: AGEM - Beatriz Sieira
Estamos certos de que con esta directiva (que integra ao fundamental da industria cultural galega), e cos folgos e os ánimos comúns de todos, o Culturgal, unha das citas esenciais do ano cultural galego, será de novo, e coma sempre foi, un éxito importante.
Toda a sorte para a nova directiva neste ilusionante proxecto.

« Volver

{*ver_mais_novas}


EDITORIAL GALAXIA, 2006. Aviso legal