Editorial Galaxia
SUBSCRÍBETE | CONTACTO | MAPA WEB
BUSCAR: 
A Editorial
Autores
Catálogo
Novidades
Ensinantes
Ligazóns
Axenda




Audiocontos



Galicia. Celula de universalidade

Novidades     Noticias     Premios     Críticas    
Subscrición    

28-07-2010
Manuel Bragado, novo presidente da AGE

O equipo entrante reafirma o seu compromiso co valor estratéxico do libro dentro da industria cultural galega

A Asociación Galega de Editores vén de elixir nova directiva, logo de oito anos de directiva anterior, presidida por Alfonso García Sanmartín. Os asistentes á asamblea aprobaron por unanimidade a proposta do novo equipo, que queda constituído da seguinte maneira:
Presidente: Manuel Bragado (Edicións Xerais de Galicia)
Vicepresidenta: Belén López (Bahía Edicións)
Secretaria: Laura Rodríguez (Hércules de Ediciones)
Tesoureiro: Xelasio Suárez (Edicións Ir Indo)
Vogais: Xulio Amigo (Editorial Galaxia), Francisco Villegas (Edicións Do Cumio), Xosé Aldea (Editorial Ouvirmos) e Consuelo Carreira (Editorial Sotelo Blanco).
O novo equipo substitúe o anterior, que viña exercendo a direccion da AGE dende o ano 2006 e que, por imposición estatutaria, debe ser renovado integramente. O director de Xerais, logo de agradecer a dedicación e o traballo do anterior equipo, espuxo os tres eixos fundamentais da súa proposta de traballo: a continuidade nos proxectos e tarefas, a firmeza na defensa dos intereses gremiais, e o consenso e a cooperación corporativa e gremial.
Tendo en conta os tres piares, a directiva traballará co compromiso de acadar o recoñecemento definitivo da edición galega en todos os ámbitos, reivindicando a débeda histórica co libro e o seu papel de sector estratéxico no eido cultural e tamén no da innovación e transformación produtiva. Bragado comprometeuse a manter unha relación fluída e constante cos asociados, co fin de darlle resposta ás inquietudes e aos retos que se lle plantexan ás empresas editorias.

« Volver

{*ver_mais_novas}


EDITORIAL GALAXIA, 2006. Aviso legal